Galicia na II Guerra Mundial, unha ruta para escapar.
Sóalle-lo nome de Lola Touza? O de Eduardo Martínez Alonso? Do Evanxelista ou do Calavera?
Seguramente non e, así e todo, deberiamos saber deles e honralos como se merecen porque salvaron moitas persoas que fuxían dos nazis. A fronteira con Portugal converteu Galicia nun lugar de acubillo para os que buscaban a liberdade. Os que os guiaban eran voluntarios.
Esta é a súa historia.
--------
55:24
--------
55:24
Sobre María Vinyals
María Vinyals foi unha intelectual, escritora, oradora e, sobre todo, feminista nun tempo no que unha muller con ideas estaba moi mal vista. Esta é a historia da señora do Castelo de Soutomaior.
--------
--------
Sobre faros e torreiros (1ª parte)
O primeiro faro, e o único ata o século XIX, foi a Torre de Hércules, construído polos romanos para evitar afundir no abismo da fin do mundo.
--------
1:00:06
--------
1:00:06
Sobre a loucura
Antes do século XIX a loucura tiña que ver co demo e o mal de ollo, tamén co desequilibrio do fluídos corporais. O enfoque de cimonónico, puramente médico, achegou unha nova busca de solucións. En Galicia o manicomio de Conxo foi unha das pezas chave do tratamento psiquiátrico desde a súa inauguración en 1885.
--------
--------
Galicia na II Guerra Mundial (2ªparte)
Na Segunda Guerra Mundial, o norte da Península Ibérica converteuse nunha zona estratéxica fundamental para os contendentes. Se os británicos organizaban redes de evacuación para os refuxiados que atravesaban España, os alemáns tentaban eliminalas; se Alemaña quería mercar volframio, os ingleses pagaban o triplo con tal de sacarllo das mans os alemáns.
Galicia estaba chea de espías. Queren coñece-la historia?
--------
57:54
--------
57:54
Sobre Todos os podcast | Arredor de Nós
Cada programa dedica unha hora a afondar nun acontecemento ou un ámbito da historia galega, dende personaxes a catástrofes e pasaxes bélicas. Dirixe Isabel Freire.